Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

GRATIA PLENA, festival en feminino: YOLANDA CASTAÑO (poesía)+JOSÉ MANUEL DAPENA (música) na CAPELA DO SANTO ANXO

marzo 10 @ 12:00 am - 1:00 pm

yolandda

O domingo, 10 de marzo de 2024 – 12:00 h, na CAPELA DO SANTO ANXO (Rúa Vila Real, 6 ) Yolanda Castaño recitará poemas de MATERIA, a obra que presenta en Ourense nun marco incomparable e coa que acadou o Premio Nacional de Poesía 2023, estará acompañada por José Manuel Dapena á guitarra.

 

O evento enmárcase en GRATIA PLENA  – un festival en feminino – que pretende dar a coñecer o traballo das mulleres artistas nun espazo de gran valor patrimonial que pertence á Fundación Santa Marina de Temes (organizadora), a Capela do Santo Anxo no barrio do Couto.  Esta capela do ano 1925 é obra do arquitecto ourensán Daniel Vázquez-Gulías e contén un conxunto de 23 vidrieiras marabillosas deseñadas por Jesús Soria, artista asturiano que residiu en Ourense.
O festival ten lugar no mes de marzo, nos domingos previo e posterior ao día 8, Día Internacional da Muller. Esa data é ademáis o día de San Faustino Núñez, santo ourensán fundador da orde das Calasancias, congregación que xestiona o Colegio Santo Ángel e que forma parte do mesmo recinto. Os dous concertos-recitais permiten así contemplar a capela en todo o seu esplendor, ao ser ás 12h da mañá (hora do Ánxelus).
GRATIA PLENA, festival co que nos sentimos orgullosos de colaborar, lévanos pola música e os textos das artistas e das creadoras nunha das xoias do noso patrimonio, lévanos por un camiño sen dúbida marabilloso, por un camiño cheo de gracia. Neste día, da man de Yolanda Castaño.

 

Entradas: 10€
https://gratiaplenafestival.eventbrite.com
https://www.facebook.com/gratiaplenafestival
http://www.shellyart.com/gratiaplenafestival/cartel_2024.pdf
Patrocina:
https://www.xunta.gal
Colaboran:
https://www.parracia.es
https://www.anpian.com
https://www.colegiosantoangel.net
http://www.asociacionporticomusical.org

 

Detalles

Fecha:
marzo 10
Hora:
12:00 am - 1:00 pm