3 April, 2023
1194
BASES DA CONVOCATORIA DA SEGUNDA EDICIÓN DO «CONCURSO DE MICRORRELATOS LIBRERÍA EIXO»
Con motivo da celebración do mes de libro 2023 e do noso XXIV aniversario, convocamos a segunda edición do CONCURSO DE MICRORRELATOS LIBRERÍA EIXO, que se rexirá polas seguintes bases:
- Poderá participar calquera persoa maior de idade, sen límite xeográfico.
- Cada participante poderá mandar como máximo dous microrrelatos, debendo utilizar un pseudónimo diferente para cada microrrelato presentado.
- Pódense presentar traballos tanto en lingua castelá coma en lingua galega.
- A temática será “TINTA”, esa palabra deberá figurar no texto.
- A extensión será dun máximo de 150 palabras, sen contar o título.
- Os microrrelatos deberán ser inéditos e orixinais, sin ter sido premiados anteriormente e sin ter sido presentados de forma simultánea a outros certames.
- As obras enviaranse por correo electrónico co asunto “II Concurso Microrrelatos Librería Eixo” á dirección de correo electrónico cultura@libreriaeixo.com . No mail deberán adxuntarse dous documentos en formato PDF: un será o microrrelato, e outro no que aparezca o título da obra xunto cos datos persoais do autor ou autora (nome, apelidos, teléfono de contacto e mail)
- O plazo de admisión, que comeza o día 1 de abril, rematará ás 12 da noite (24,00 h) do día 23 de abril, día do libro.
- O gañador darase a coñecer o mércores día 26 de abril.
- O PREMIO consistirá nun vale por 100 euros a gastar en LIBROS do noso establecemento e entregarase o sábado 29 de abril en EIXO, sobre as 12,00 da mañá, sendo imprescindible a asistencia do galardonado para recibir o premio.
- O xurado estará composto por Jorge Emilio Bóveda (escritor), Cristina Paz Elías (gañadora da pasada edición) e un representante da Librería Eixo, e otorgará o premio atendendo aos criterios de orixinalidade, creatividade, calidade literaria e adecuación á temática do concurso.
- O persoa gañadora manterá os dereitos de autoría do microrrelato, aínda que cede os dereitos para que a organización poida facer uso no marco da actividade divulgativa da librería, sempre sen fins comerciais. Os traballos non premiados non serán utilizados para fin algún
- A participación no concurso supón a total aceptación das presentes bases.