Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Dobre presentación de albums ilustrados: A BRIGADA IRIDESCENTE e SENTINELAS DA LÚA CARMESÍ co gallo da proximidade do Día do Cómic

marzo 13 @ 7:30 pm - 8:30 pm

SENTINELAS

O día 13 de marzo ás 19:30, celebramos por anticipado o DÍA DO CÓMIC e por iso teremos en Eixo a presentación dos álbums de banda deseñada, editados por Galaxia

Estará con nós a ilustradora ourensana Elena Andrés, que nos presentará A BRIGADA IRIDESCENTE, o LABIRINTO DOS INCHABLES: a historia dun grupo de amigos que cada día procura unha nova aventura. Nas festas de verán da súa vila, e tras visitar moitos postos e atraccións, acaban nos inchables. Un momento, onde está a saída? E quen é ese home tan raro? Serán capaces de saír ilesos do labirinto dos inchables os nosos cinco amigos? Todo isto e máis nesta aloucada historia!

E por se fora pouco teremos a presentación de SENTINELAS DA LÚA CARMESÍ, coa asistencia dos seus autores Andrés Castro, Ozo Perozo e Alexandre Senande. Eles nos falarán duns seres míticos e humanos que desde os albores dos tempos coexistían en paz e harmonía Pero un día, os homes comezaron a perseguir o que non comprendían.
Tres mouras foron confundidas con bruxas e condenadas á fogueira. Unha delas fuxiu, propagando unha maldición que case acaba coa humanidade enteira.
As criaturas mitolóxicas acordaron entón manter a moura encerrada mediante un conxuro ligado á non intervención do humano devir.
A lenda di que unha cría humana será quen volverá unir ambos os mundos…

Vinde con nós celebrar o Día do Cómic, temos un fantástico plan.

 

 

Detalles

Fecha:
marzo 13
Hora:
7:30 pm - 8:30 pm

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
Teléfono:
988 255 983

Organizador

Editorial Galaxia