Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

SO FICARÁN CINZAS EN ALGURES, Presentación

dic 1 @ 7:30 pm

cinzas
O mércores día 1 de decembro ás 19:30 horas recibimos en Eixo, ao escritor e xestor cultural Toño Guede para presentarnos a súa novela SO FICARÁN CINZAS EN ALGURES.
Un asasinato imperfecto nunha cidade onde nunca pasa nada; catro días, cinco mortos e o tempo transcorre en calma, sen présa. A cidade de Ourense e a súa cadencia convértese na protagonista dunha novela onde o inspector Lavandeira ve pasar os sucesos que afectan aos seus habitantes tras dos cristais do seu coche a través das súas rúas, das súas contornas, das súas facianas e das súas vidas.
Motivos ocultos, relacións agochadas, segredos inconfesables, procuras clandestinas baixo o tranquilo e maino aire ourensán.»
Toño Guede, nado en Ourense no 1971 é escritor e xestor cultural e creador, xunto con outros escritores locais, do Círculo Poético Ourensán, asociación adicada á difusión da poesía nos centros educativos da nosa cidade. Ten publicado o poemario BOLBORETAS NA MEMORIA, e colabora na revista de difusión cultural «InViable» coa sección “Antenas de Galicia”. Tamén ten publicada en castelán a novela CICATRICES.
Agora a editorial Galaxia publica a que é a súa primeira novela en galego “SO FICARÁN CINZAS EN ALGURES”.
Presentámola en Eixo, o día 1 de decembro ás 19:30. Estades todos convidados.

Detalles

Fecha:
dic 1
Hora:
7:30 pm

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
+ Google Map
Teléfono:
988 255 983