Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

O ANIMALARIO DO ENTROIDO GALEGO. MITO E TRADICIÓN, de Carlos X. Ares. Presentación

enero 31 @ 7:30 pm - 8:30 pm

animalario dentro

O MÉRCORES DÍA 31 DE XANEIRO ás 19,30 en EIXO temos o pracer de acoller a presentación do libro O ANIMALARIO DO ENTROIDO GALEGO. MITO E TRADICIÓN, de Carlos Xabier Ares Pérez,   Graduado Social, Investigador Social, escritor e formado en Antropoloxía Social e Cultural, Etnografía, Patrimonio Inmaterial e Etnoarqueoloxía.

Neste traballo de investigación etnográfica o autor achega a presenza das representacións animais no folclore do entroido nas catro provincias galegas. Un estudo descritivo no que se catalogan e se dá conta da estática das mesmas, da súa simboloxía, das referencias históricas e mitolóxicas que as preceden e tamén dalgunhas lendas que estes animais levan asociadas..

A festa do Entroido é unha gran manifestación identitaria que conta cun especial arraigo entre a comunidade, na que se desenrolan ritos transmitidos de xeración en xeración. Algúns dos protagonistas son os animais aquí debullados que, convertidos en máscaras oficiadas polos actores da festa, alcanzan unha gran relevancia no ciclo. Noutros casos son as propias bestas as que irrompen na escena entre a veneración dos asistentes. Todos eles son estudados polo miúdo como elementos individuais e tamén como membros dos colectivos dos que forman parte.

Vacas, touros, galos, formigas, carneiros, cervos, osos, mulas, cabalos e outros moitos, quizais sexan vistos doutro xeito polo lector, despois de ler este libro.

CARLOS XABIER ARES PÉREZ 

É membro da Sociedade Antropolóxica Galega, do Colectivo Lusófono Internacional O Mundo Fala Galego e do Movemento Cultural Ourensán Nós a Xente do Redor. Estudoso e divulgador da historia, do patrimonio e da cultura de Galiza, centrando o seu traballo de investigación na etnografía, con especial referencia ao entroido e ás tradicións do patrimonio inmaterial. Neste eido ten publicados traballos en anuarios e revistas especializadas como Revista Entroido en Galicia, Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza, Ferrol Análisis, Mazarelos, Saudade, Cadernos da SAGA, Xurdimento, Lúa Nova, Romaría Etnográfica Raigame e Nós a Xente do Redor. É colaborador do xornal O Sil e fundador da revista O Estatuto na USC e membro dun equipo de investigación etno-histórica en colaboración coa Universidade de Vigo.

Gañador do XXIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2019), coa monografía Festividades de Inverno na provincia de Ourense: máscaras, personaxes e rituais. É autor de Ilustres e coautor de Achegas ao Patrimonio Inmaterial Galego. Foi condecorado coa Androlla de Ouro polo Concello de Viana do Bolo, en recoñecemento pola posta en valor do entroido local.

Detalles

Fecha:
enero 31
Hora:
7:30 pm - 8:30 pm

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
Teléfono:
988 255 983

Organizador

Librería Eixo