Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Club de lectura (Destripalibros de Eixo): NINGUÉN CONTARÁ A VERDADE, de Pedro Feijoo

nov 15 @ 8:00 pm - 9:30 pm

pedro

O MÉRCORES 15 ÁS 20,00 H reunímonos OS DESTRIPALIBROS DE EIXO para diseccionar a nova novela de Pedro Feijoo NINGUÉN CONTARÁ A VERDADE.

Marosa Vega, unha talentosa e hábil xornalista que foi despedida por andar sempre querendo investigar de máis, acepta un encargo moi especial dun antigo compañeiro: Salva Lamas pídelle axuda para desentrañar un caso de corrupción política que afecta ao presidente da Xunta de Galicia e que está a deixar un regueiro de vítimas. Construtores, banqueiros, avogados, altos cargos políticos, directivos de medios de comunicación… Todos teñen participación e obteñen beneficios da Administración pública: a empresa, «a máquina de verdade», como lle chaman. A súa ambición é absolutamente desmedida e son capaces de calquera cousa, por terrible, violenta e destrutiva que sexa, con tal de conseguir o que lles corresponde pola súa colaboración en favor do partido político no poder. «Ninguén contará a verdade», de Pedro Feijoo, é unha novela minuciosamente documentada, ousada e adictiva. Un texto de absoluta actualidade sobre a corrupción política e as súas consecuencias en cuxa trama de ficción calquera lector informado pode atopar referentes reai

Detalles

Fecha:
nov 15
Hora:
8:00 pm - 9:30 pm

Organizador

Librería Eixo

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
+ Google Map
Teléfono:
988 255 983