Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
BASES CONVOCATORIA I EDICIÓN DO «CONCURSO DE MICRORRELATOS LIBRERÍA EIXO «

BASES DA CONVOCATORIA DA PRIMEIRA EDICIÓN DO «CONCURSO DE MICRORRELATOS LIBRERÍA EIXO»

 

Con motivo da celebración do mes de libro 2022, a LIBRERÍA EIXO convoca a primeira edición do CONCURSO DE MICRORRELATOS LIBRERÍA EIXO, que se rexirá polas seguintes bases:

  1. Poderá participar calquera persoa maior de idade, sen límite xeográfico.
  2. Cada participante poderá mandar como máximo dous microrrelatos, debendo utilizar un pseudónimo diferente para cada microrrelato presentado.
  3. Pódense presentar traballos tanto en lingua castelá coma en lingua galega.
  4. A temática será “Aconteceu nunha librería”.
  5. A extensión será dun máximo de 150 palabras, sen contar o título.
  6. Os microrrelatos deberán ser inéditos e orixinais, sin ter sido premiados anteriormente e sin ter sido presentados de forma simultánea a outros certames.
  7. As obras enviaranse por correo electrónico co asunto “I Concurso Microrrelatos Librería Eixo” á dirección info@libreriaeixo.com . No mail deberán adxuntarse dous documentos en formato PDF: un será o microrrelato, e outro no que aparezca o título da obra xunto cos datos persoais do autor ou autora (nome, apelidos, teléfono de contacto e mail)
  8. O plazo de admisión rematará ás 12 da noite (24,00 h) do día 23 de abril, día do libro.
  9. O gañador darase a coñecer o martes día 26 de abril.
  10. O PREMIO consistirá nun vale por 100 euros a gastar en LIBROS do noso establecemento e entregarase o venres 29 de abril en EIXO, sendo imprescindible a asistencia do galardonado para recibir o premio.
  11. O xurado estará composto por Isaac Pedrouzo (escritor), Anxo F. Couceiro (periodista e conductor do podcast literario ‘Mala letra’) e un representante da Librería Eixo, e otorgará o premio atendendo aos criterios de orixinalidade, creatividade, calidade literaria e adecuación á temática do concurso.
  12. O persoa gañadora manterá os dereitos de autoría do microrrelato, aínda que cede os dereitos para que a organización poida facer uso no marco da actividade divulgativa da librería, sempre sen fins comerciais. Os traballos non premiados destruiranse, non sendo utilizados para fin algún.
  13. A participación no concurso supón a total aceptación das presentes bases.