Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
IV edición do CONCURSO DE MICRORRELATOS LIBRERÍA EIXO
HISTORIA DUNHA SEREA, de Noelia Álvarez Verea, relato gañador da IV EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS LIBRERÍA EIXO
«Chegar a casa era entrar na burbulla da que non sairía se fose posible. Alí só se levantaba a voz para chamar polo can ou para cantar algunha canción das vellas cintas que se gardaban no baúl da avoa.
Papá curaba as feridas con algodón e os dramas con palabras de alento, mamá contaba contos novos cada noite. A irmá maior prestábase a canto xogo se me pasaba polo maxín.
Entre os tres, cada mañá, intentaban calmar os meus nervios e aseguraban que ese día sería mellor que o anterior, que as bromas sen gracia dos compañeiros da clase pasarían pronto e que as voces que escoitaba de camiño á escola e de volta a casa acabarían por aborrecerse e marcharían lonxe.
A súa dedicación estábaos apagando e eu non quería iso, así que enchín os petos co seu cariño e deixei que a marea levase, comigo, toda aquela carga.»

 

BASES DA CONVOCATORIA DA CUARTA EDICIÓN DO «CONCURSO DE MICRORRELATOS LIBRERÍA EIXO»

 

Con motivo da celebración do mes de libro 2025 e do noso XXVI aniversario, convocamos a IV edición do CONCURSO DE MICRORRELATOS LIBRERÍA EIXO, que se rexirá polas seguintes bases:

  1. Poderá participar calquera persoa maior de idade, sen límite xeográfico.
  2. Cada participante poderá mandar como máximo dous microrrelatos, debendo utilizar un pseudónimo diferente para cada microrrelato presentado.
  3. Pódense presentar traballos tanto en lingua castelá coma en lingua galega.
  4. “DRAMA”, será a palabra que necesariamente deberá figurar no texto.
  5. A extensión será dun máximo de 150 palabras, sen contar o título.
  6. Os microrrelatos deberán ser inéditos e orixinais, sin ter sido premiados anteriormente e sin ter sido presentados de forma simultánea a outros certames.
  7. As obras enviaranse por correo electrónico co asunto “IV Concurso Microrrelatos Librería Eixo” á dirección de correo electrónico cultura@libreriaeixo.com  . No mail deberán adxuntarse dous documentos en formato PDF: un será o microrrelato, e outro no que aparezca o título da obra xunto cos datos persoais do autor ou autora (nome, apelidos, teléfono de contacto e mail)
  8. O plazo de admisión, que comeza o día 1 de abril, rematará ás 12 da noite (24,00 h) do día 23 de abril, día do libro.
  9. O resultado  darase a coñecer ao longo do día 25 de abril.
  10. PREMIO consistirá nun vale por 100 euros a gastar en LIBROS do noso establecemento e entregarase o sábado 27 de abril en EIXO, sobre as 12,00 da mañá, sendo imprescindible a asistencia do galardonado para recibir o premio.
  11. O xurado estará composto por Xabier Domínguez (escritor e editor en Antela Editorial ), Ana Isabel Rodríguez Vázquez, gañadora da edición anterior,  e un representante da Librería Eixo, e otorgará o premio atendendo aos criterios de orixinalidade, creatividade, calidade literaria e adecuación á temática do concurso.
  12. O persoa gañadora manterá os dereitos de autoría do microrrelato, aínda que cede os dereitos para que a organización poida facer uso no marco da actividade divulgativa da librería, sempre sen fins comerciais. Os traballos non premiados non serán utilizados para fin algún
  13. A participación no concurso supón a total aceptación das presentes bases.