Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

V. FREIXANES E A. RIVEIRO COELLO: 37 ANOS DE «O TRIÁNGULO INSCRITO NA CIRCUNFERENCIA»

abr 12 @ 8:00 pm - 9:00 pm

freixanes e riveiro coello

O día 12 de abril ás 20:00 horas Eixo comprácese en recibir a dous auténticos pesos pesados da literatura galega; trátase de VÍCTOR FREIXANES e de ANTÓN RIVEIRO COELLO, que nos achegan a reedición que Galaxia saca neste ano de O TRÍÁNGULO INSCRITO NA CIRCUNFERENCIA, título fundamental das nosas letras máis recentes, publicado en 1982 e co que un novísimo Victor Freixanes, gañaba o Premio Blanco Amor e o Premio da Crítica.

O TRIÁNGULO INSCRITO NA CIRCUNFERENCIA, que supuxo cando se publicou unha auténtica revolución no panorama literario, volta 37 anos despois e e sendo xa un clásico da literatura galega. Ambientada en Vilanova de Alba, cidade imaxinaria detrás da que se esconde a propia Galicia, constitúese nun maxistral relato que mestura imaxinación e realidade.

O TRIANGULO INSCRITO NA CIRCUNFERENCIA e a primeira parte da que sería a triloxía completada despois con A cidade dos Césares (1993) e Cabalo de ouros (2010).

Achegádevos. É unha oportunidade única.

Detalles

Fecha:
abr 12
Hora:
8:00 pm - 9:00 pm

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
+ Google Map
Teléfono:
988 255 983