«TODOS CALAN». Presentación
enero 22 @ 7:30 pm - 8:30 pm
Evento Navegación
O mércores día 22 de xaneiro, ás 19,30 a escritora Celia Díaz Núñez presentará en Eixo a súa ultima novela. En TODOS CALAN, Celia achégase desta vez á intriga e o misterio.
SINOPSE:
» A aparición dun esqueleto emparedado na Casa do Souto trastorna a vida das persoas vencelladas á espléndida vivenda varias veces centenaria. Revélanse por fin silencios e segredos familiares que permaneceron ocultos durante moitos anos e queda ao descuberto unha cruel realidade. Porque a traizón máis dolorosa é a que procede de quen máis amamos. De quen, quizais inxenuamente, supoñemos que tamén nos aman.
A AUTORA:
Celia Díaz Núñez, naceu nas Eiras (O Páramo) en 1961. Aos poucos anos trasladouse a Quiroga de onde é filla adoptiva. Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa, en Filoloxía Hispánica , é diplomada en Maxisterio pola Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo e diplomada en Estudos Avanzados en Teoría da Literatura. Reside en Ournse, onde exerce como profesora de Lingua Galega e Literatura en Ensino Secundario, actividade que compaxinou coa docencia universitaria na Facultade de Ciencias da Educación na materia de Didáctica da Lingua Galega.