Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

SOÑOS DA MORADA ABERTA, relatos de Eloi Hervella e gravados de Xosé Poldras

dic 4 @ 7:30 pm - 8:30 pm

soños

Mañá martes 4 de decembro ás 19:30 h, en Eixo soñamos…

Xosé Poldras e Eloi Hervella, acompañados por Tareixa Taboada, crítica de arte en La Voz de Galicia, achégannos «SOÑOS DA MORADA ABERTA», unha colección de 19 relatos escritos por Eloi, ós que se acompaña cadanseu gravado ilustrado por Xosé. Estará tamén unha representante de ALDEAS INFANTILES, organización á que irá destinado parte do importe das obras vendidas, o que implica que cada comprador non só adquire arte, senon que contribuye cunha doación persoal á tan loable causa da ONG.

SOÑOS DA MORADA ABERTA, trata de soños, de verbas, de imaxes, da fascinación polo onírico, e de facer a nosa vida «máis fonda, máis rica».

A colección preséntase en formato carpeta con dúas versións diferentes:

A primeira de 23 x 20 cm. ten todas as imaxes son linografías estampadas a man. A tirada consta de un exemplar B.A.T., dúas Probas de Autor numeradas en romano, e 19 exemplares numerados en árabe.

A segunda de 30 x 21 cm. reproduce os gravados dixitalmente sobre cartulina Guarro de 185 gr. salvo unha linografía orixinal e estampada a man en papel Michel de 400 gr. A tirada é de 19 exemplares numerados en árabe.
Nos dous casos os textos están impresos en papel de 125 gr.

Agardámosvos; trátase de soñar acompañados :-)

Detalles

Fecha:
dic 4
Hora:
7:30 pm - 8:30 pm

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
+ Google Map
Teléfono:
988 255 983