Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

SENLLEIRAS, de Antía Yáñez. Premio Illa Nova de Narrativa 2018

sep 28 @ 7:30 pm - 8:30 pm

antia yañez senlleiras

O día 28 de setembro en Eixo, teremos á escritora burelesa Antía Yáñez que nos achegará o seu libro SENLLEIRAS, a novela das mulleres que rachan co silencio e coa que Antía acadou o PREMIO DE NARRATIVA ILLA NOVA 2018.

Unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta. A partir deste fío técense as vidas de varias mulleres de diferentes séculos. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus homes, baixo as estritas normas non escritas (ou si) que as sinalaban como inferiores. Mulleres que, cando intentaron recuperar o único que lles pertencía por dereito, a súa vida, viron como ata esta lles podía ser arrebatada.
En tempos que semellan totalmente diferentes, pero que non o son tanto atópanse mulleres senlleiras que merecen ser lembradas.

SENLLEIRAS, Premio Illa Nova, con maneiras de thriller e ecos de novela negra, é a primeira novela de Antía dirixida a público adulto e, recalando na continuidade histórica do patriarcado traza un relato de mulleres oprimidas que pelexan contra a opresión.

Detalles

Fecha:
sep 28
Hora:
7:30 pm - 8:30 pm

Organizador

Antía Yáñez

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
+ Google Map
Teléfono:
988 255 983