Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

RECITAL DE POESIA CON MÚSICA DE VIOLONCHELO: DELE-DELA LORCA&ROSALÍA

febrero 23 @ 7:30 pm - 8:30 pm

alma selene

O día 23 de febreiro (Día de Rosalía) ás 19, 30 ALMA SELENE E PAULA LÓPEZ traen poesía e música con recital DELE-DELA, poesías de LORCA E ROSALÍA


DELE É FEDERICO GARCÍA LORCA, O INIGUALABLE POETA ANDALUZ QUE SENDO MOI NOVO VIAXO ATÉ GALICIA E NAMOROUSE DA NOSA PAISAXE E AS SÚAS XENTES. ASÍ POR MOR DESTE SENTIMENTO ESCRIBIÚ A SÚA OBRA «SEIS POEMAS EN GALEGO» COMO HOMENAXE Á PAISAXE E A LINGUA DE GALICIA ESCRITOS ENTRE 1932-1934 E PUBLICADOS EN 1935 EN SANTIAGO DE COMPOSTELA POLA EDITORIAL NÓS. «E É QUE A FEDERICO GARCÍA LORCA GALICIA QUEDÓUSELLE NA SÚA ALMA».
DELA É ROSALÍA DE CASTRO, A INIGUALABLE POETISA GALEGA. MÁXIMA REPRESENTANTE DA NOSA GALICIA LITERARIA. ESCRIBIÚ TANTO EN GALEGO COMO EN CASTELÁN PERO NESTE RECITAL INTERPRETAREMOS OS POEMAS QUE ELA ESCRIBIÚ NA SÚA LINGUA MATERNA. NADA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA EN 1837 E FALECIDA EN PADRÓN NO ANO 1885, EXACTAMENTE TRECE ANOS ANTES DO NACEMENTO DE FEDERICO.

 

DESTE AMOR POR GALICIA NACE DELE-DELA -LORCA&ROSALÍA-, UN RECITAL EN GALEGO DOS POEMAS DE LORCA E ROSALÍA. É UN RECITAL INTIMISTA SOBRE OS POEMAS DE AMBOS E MÚSICAS XA CREADAS, EXCEPTO NO POEMA DE ROSALÍA «UNHA VEZ TIVEN UN CRAVO» DA SÚA OBRA POÉTICA FOLLAS NOVAS QUE EU MESMA ME ATREVÍN A MUSICAR. -COMO DIGO, O NOSO RECITAL É INTIMISTA CREADO BAIXO UNHA ATMOSFERA QUE CONVIDA A ESA SENSACIÓN NO QUE A VOZ CANTADA E O VIOLONCHELO CREAN ESE CLIMA DE INTIMIDADE QUE NOS FUSIONA CON LORCA E ROSALÍA EN TODO MOMENTO A TRAVÉS DOS SEUS VERSOS-. QUEREMOS TRANSMITIR AO ESPECTADOR A UN LORCA E UNHA ROSALÍA PRÓXIMOS, TANTO ESPIRITUALMENTE COMO EN IDEAIS A  TRAVÉS DAS SÚAS POESÍAS QUE SON PURO LIRISMO, SALIENTADAS POLA VOZ CANTADA E A MÚSICA DO VIOLONCHELO.

 

HAI MOITO DE ROSALÍA EN LORCA, ÉSTE ADMIRABA PROFUNDAMENTE Á POETISA E A SÚA OBRA E ASÍ LLE ESCRIBIÚ O POEMA EN GALEGO «CANZÓN DE CUNA PRA ROSALÍA CASTRO, MORTA». TRÁTASE DO QUINTO POEMA DA COLECCIÓN «SEIS POEMAS GALEGOS» DEIXANDO XA CONSTANCIA DA DUALIDADE ENTRE A VIDA E A MORTE E ESCRITO POR MOR DA VISITA QUE FIXO LORCA Á TUMBA DE ROSALÍA, APELANDO PARA QUE ÉSTA ESPERTE E SIRVA DE GUIA ESPIRITUAL PARA A SÚA REXIÓN. NO POEMA DE LORCA, OS CAMPOS DE GALICIA SON O BERCE E A TUMBA DE ROSALÍA. FEDERICO PÍDELLE A ELA QUE DA SÚA TUMBA EMERXA UNHA NOVA VIDA PARA GALICIA.

DE SEGURO QUE SE ROSALÍA HOUBERA COÑECIDO A LORCA TAMÉN O FARÍA DEDICANDOLLE UNO Ó VARIOS POEMAS NA SÚA HONRA, TAL COMO ÉSTE DEDICOULLE A ELA.


DELE-DELA SON IRMÁNS EN TRISTEZA E MELANCOLÍA. É UN ACHEGAMENTO ENTRE O SUR E O NORTE. AMBOS POETAS SEMPRE PROTEXENDO AOS MÁIS VULNERABLES, DIGNIFICANDO COS SEUS POEMAS A TERRA ONDE VIVÍAN. COMPROMETIDOS COAS SÚAS CULTURAS E Á VEZ AMBOS MOI VANGARDISTAS.

 

RESUMINDO, ISTO É DELE-DELA: SUR E NORTE. O POETA ANDALUZ QUE SE NAMOROU DE GALICIA E A POETISA GALEGA QUE AÍNDA SEN CHEGAR A COÑECER A LORCA XA O INTUÍA.  LIRISMO LITERARIO EN ESTADO PURO.                     

 

                                                                                                                                   PROGRAMA DO RECITAL:

 

FEDERICO GARCÍA LORCA 

 

                      (SEIS POEMAS GALEGOS)

                     -MADRIGAL Á CIBDÁ DE SANTIAGO

                     -ROMAXE DE NOSA SEÑORA DA BARCA

                     -CANTIGA DO NENO DA TENDA

                    -NOITURNIO DO ADOESCENTE MORTO

                    -CANZÓN DE CUNA PRA ROSALÍA CASTRO, MORTA

                    -DANZA DA LÚA EN SANTIAGO

 

ROSALÍA DE CASTRO

 

                  -UNHA VEZ TIVEN UN CRAVO (FOLLAS NOVAS)

                 -PASENIÑO, PASENIÑO (CANTARES GALEGOS)

                 -ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES (CANTARES GALEGOS)

                -CAMIÑO, CAMIÑO BRANCO (CANTARES GALEGOS)

                -NEGRA SOMBRA (FOLLAS NOVAS)

                -MAIO LONGO (FOLLAS NOVAS)

Detalles

Fecha:
febrero 23
Hora:
7:30 pm - 8:30 pm

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
Teléfono:
988 255 983

Organizador

Librería Eixo