Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación do Poemario EMOVERE, de César Fernández Álvarez e Andrea Suárez Baquero

oct 20 @ 7:00 pm - 8:00 pm

emovere

O vindeiro xoves 20 de outubro, ás 19,00, teremos en Eixo poesía e música; Andrea Suárez, coautora do poemario co acompañamento musical de Kevin González, intervirán neste fermoso acto  que estará presentado por o escritor e Presidente da Insua dos Poetas, Luis González Tosar.

Unha amizade entrañable e a afección conxunta á poesía conciben e dan a luz ao primeiro fillo literario dos dous autores César e Andrea; a singularidade da súa obra reside en que reflicte con harmonía dous sentires diferentes, en dous estilos diferentes e dúas linguas diferentes. O título da mesma, EMOVERE, (raíz latina de «emoción»), representa o movemento. A intención destes dous poetas é esa: mover, remover, conmover aos lectores.

O intimismo abrolla con delicadeza nestes versos, no medio da aspereza e automatismo cotiáns. Faino en aspectos cruciais, entre outros: o amor e os seus antónimos; a estéril fuxida do silencio; a dor anímica e existencial; a procura do equilibrio e paz; a inocencia dos meniños e a devoción á natureza, fonte inesgotábel de enerxía e inspiración.

Será pois, o xoves día 20 de outubro, as 19,00 h, en Eixo: presentación do poemario EMOVERE de César e Andrea editado por Toxosoutos. Lembrádeo.

Detalles

Fecha:
oct 20
Hora:
7:00 pm - 8:00 pm

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
Teléfono:
988 255 983