Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación do libro ilustrado “O BAÚL DE DOMINGO QUINTAS”.

febrero 17 @ 12:00 am - 1:00 pm

bolboretiña o baul de domingo quintas

O sábado 17 de febreiro Eixo invítavos a presentación do ben bonito libro infantil O BAÚL DE DOMINGO QUINTAS; estamos encantados de contar coa asistencia tanto do autor como da ilustradora. Será ás 12 do mediodía.

O texto é do escritor e lingüista macedán Xoán Babarro González, membro da Real Academia Galega desde 2002, nomeado socio de honra da Nova Escola Galega dendo no ano 2008; as ilustracións son da debuxante e bióloga pirenaica Estefanía Padullés felizmente afincada agora no Concello de Paradela en Lugo.

O BAÚL DE DOMINGO QUINTAS é unha fermosa historia autobiográfica, coa que o autor, nado en Maceda, rende homenaxe ao seu bisavó, e que comeza no intre no que o narrador abre o vello baúl que fora precisamente do seu bisavó atopando que está cheo dunha morea de fermosos e tenros poemas escritos en cortizas de bidueiro; tenras composicións vinculadas co mundo da fauna en xeral, tanto aquela máis especificamente galega como a que resulta máis allea a nós.

Cada páxina do libro contén un deses poemas con cadansúa ilustración, bonita e delicada de Estefanía Padullés.

A presentación terá lugar o sábado 17 de febreiro ás 12,00 horas en Eixo, non faltedes e traede ós cativos, presentamos unha fermosura.

Detalles

Fecha:
febrero 17
Hora:
12:00 am - 1:00 pm

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
+ Google Map
Teléfono:
988 255 983