Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación de OS SERES QUERIDOS, de Berta Dávila

junio 2 @ 8:00 pm - 9:30 pm

berta
Berta Dávila estará en Eixo o xoves 2 de xuño ás 20,00 h acompañada do periodista Javier Fraiz, para presentar OS SERES QUERIDOS,  obra gañadora da XXXVIII edición do Premio Xerais de Novela 2021, na que construe un retrato valente e arriscado sobre a controvertida  travesía da maternidade.
Conta Berta que comezou a escribir OS SERES QUERIDOS no ano 2015 e que aínda que houbo frases do inicio que non sobreviviron até a versión definitiva, esta que reproducimos mantívose dende o primeiro día:»Unha nai recente é unha muller de loito por esoutra muller que deixa atrás.» Esa liña preside toda a novela que non é senón unha sincera e íntima historia que xira arredor dos afectos; que afonda na maternidade, no peso da escolla entre ser nai ou non selo, e que está contada con ese xeito de escribir que ten Berta, fermoso, nu, directo, sen florituras.
Editada por  Xerais, a versión en castelán, LOS SERES QUERIDOS sae en Destino.
É o xoves 2 de xuño ás 20,00 horas. Agardámosvos

Detalles

Fecha:
junio 2
Hora:
8:00 pm - 9:30 pm

Organizador

Librería Eixo

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
+ Google Map
Teléfono:
988 255 983