Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación de «O CANASTRO SEN TORNARRATOS. Resistencia popular na era do capitalismo», de David Rodríguez

abr 17 @ 7:30 pm - 8:30 pm

O CANASTRO SEN TORNARRATOS

En Eixo, o día 17 de abril, ás 19:30 horas, da man de Edicións Xeráis, e acompañado pola profesora ourensá Rita González, David Rodríguez presentaranos o seu libro «O CANASTRO SEN TORNARRATOS. Resistencia popular na era do capitalismo. Unha ollada galega».

Trátase dun libro que pescuda nas orixes políticas, económicas e filosóficas do cada vez maior afastamento dos centros de decisión a respecto da xente e da súa vida cotiá. Afonda na reflexión sobre a elitización dun capitalismo que retoma a súa faciana máis incompatible coa democracia.

No libro abórdase a dificultade para articular resistencias e hexemonías alternativas nun tempo en que a ideoloxía dominante conta cunha capacidade inédita de penetración en calquera recanto xeográfico, cultural e mesmo psicolóxico; ademais de na propia teoría e praxe do movemento emancipador.

O «tornarratos» – unha pedra horizontal que impedía ás alimañas accederen ao gran almacenado no canastro – proponse como metáfora dun tempo sen devasas políticas e culturais que mitiguen o espolio do mundo do traballo e da natureza. Neste ensaio, David Rodríguez, lonxe de pensar o ser humano desde o cosmopolitismo abstracto, opta por unha ollada ampla e global, pero ben afincada nun lugar xeográfico e cultural concreto aínda chamado Galicia. En palabras do autor: «Trátase de delimitar o ermo en que nos atopamos, paso primeiro para que algún día volva medrar a herba.»

Detalles

Fecha:
abr 17
Hora:
7:30 pm - 8:30 pm

Organizador

Edicións Xeráis

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
+ Google Map
Teléfono:
988 255 983