
- Este evento ha pasado.
Presentación de LOBIÑOS, album ilustrado por David R. Lorenzo
oct 27 @ 12:00 am - 1:30 pm
Evento Navegación

Nenas, nenos, e mesmo maiores en xeral, o vindeiro día 27 de outubre, sábado, ás 12 do mediodía, tedes unha cita en Eixo á que non podedes faltar.
David R. Lorenzo, e Mercedes de Editorial Narval, veñen ata a nosa librería a presentarnos LOBIÑOS e LOBITOS, segundo álbum ilustrado por David; o libro está escrito en castelán por José Carlos Román, e nel dous traviesos lobiños non paran de xogar e de facer auténticas falcatruadas que ben vos han gustar…van correndo a todas partes e avisan que, segundo un vello proverbio do bosque, «neste lugar, as cousas non son sempre o que semellan».
Como, por enriba, os animáis dese magnífico bosque son políglotas, ademáis de falar en castelán nas verbas de José Carlos Román (LOBITOS), e en galego, gracias a traducción de Laura Sousa Sánchez, os nosos amigos tamén nos sorprenderán falando euskera, como bós OTSOKUMEAK, gracias ó traductor Iker Allende Sopena, e mesmo en catalán, onde David Sánchez Valera, dará voz ós LLOBATÓNS.
Vinde con nós amigos, será unha ledicia perdernos con eles no bosque. Lembrade, é o sábado día 27, ás 12:00; en Eixo, claro