Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación de DESERTO GARCÍA, de Jorge Emilio Bóveda.

noviembre 8 @ 8:00 pm - 9:00 pm

deserto

O próximo día 8 de novembro Eixo comprácese en achegarvos a todos vos DESERTO GARCÍA a nova novela de JORGE EMILIO BÓVEDA, editada por Galaxia, na que o autor ourensán construe unha obra a medio camiño entre o western e a novela policíaca; co seu estilo característico, Bóveda achéganos un crebacabezas de violencia e unha demostración do difícil que é vivir e deixar vivir, retratando unha sociedade embrutecida e dolorosamente real.

SINOPSIS:

Desiderio García, Garda Civil recentemente prexubilado, decide acudir á remota aldea de Loirás para habitar a antiga casa familiar dos seus avós, coñecidos no lugar como os Touceda. Terá como obxectivo vivir nunha especie de retiro voluntario, afastándose para iso de todo o que foi a sua existencia ata o momento. A súa presenza non será ben recibida, e, pouco a pocou o protagonista comezará a notar que alguén o axexa, o seu receo irá en aumento ao atopar na sua porta restos animais.

Ante as crecentes ameazas á súa vida , Desiderio García comezará a durmir abrazado a súa pistola Mauser…

Lembrade, o 8 de novembro en Eixo.

Detalles

Fecha:
noviembre 8
Hora:
8:00 pm - 9:00 pm

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
+ Google Map
Teléfono:
988 255 983