
- Este evento ha pasado.
PIONEIRAS DA CIENCIA EN GALICIA, de Manuel Rey e Eduardo Rolland. Presentación
marzo 15 @ 8:00 pm - 9:30 pm
Evento Navegación

O martes dia 15 de marzo ás 20,00 horas teremos en Eixo aos xornalistas MANUEL REY e EDUARDO ROLLAND que nos presentarán o libro «PIONEIRAS DA CIENCIA EN GALICIA, 25 historias extraordinarias de mulleres tamén extraordinarias que superaron todo tipo de trabas e prexuizos para poder progresar no mundo da ciencia e que mesmo, en ocasións, recibiron antes un recoñecemento noutros países ca no noso.
No libro nárranse por exemplo as historias de Ángela Ruiz Robles, mestra e pedagoga, que inventou en 1949 a enciclopedia mecánica sendo a precursora do libro electrónico e da tableta ou a de Isabel Zendal, primeira enfermeira en misión internacional que levóu a vacina da variola a América no que sería o punto de partida para a erradicación da enfermedade. Historias que evidencian que ser muller sempre foi algo difícil, e abrirse camino profesionalmente, aínda máis, especialmente en sectores, aínda a día de hoxe, moi masculinizados, como o da investigación científica. PIONEIRAS DA CIENCIA EN GALICIA ( Editorial Galaxia) aborda pois o papel xogado polas pioneiras da ciencia no noso país; conta a súa epopea para ser tomadas en serio nese mundo de homes en tempos, nos que mesmo se dubidaba da súa capacidade intelectual para poder entender as máis básicas cuestións da vida.
No camiño que aínda nos queda por percorrer para chegar a esa igualdade, tamén no eido científico, as mulleres que aparecen neste libro resultaron esenciais. Investigadoras, teóricas, estudosas… todas elas puxeron as bases para que hoxe unha investigadora non sexa unha rareza dentro dun laboratorio…
Lembrade, é o martes día 15 de marzo ás 20,00 horas.
.