Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Performance & Presentación Audio-Libro A+A, de Ricardo de Barreiro

oct 4 @ 8:00 pm - 9:00 pm

ricardo

Hai días nos que somos afortunados porque enfiamos un camiño…

O día 4 DE OUTUBRO, ÁS 20,00 HORAS pode ser un deles. En Eixo iniciaremos unha extraordinaria viaxe por o mar adiante, pola tenrura e a delicadeza, pola dozura e o sentimento. O venres día 4 de outubro ás 20,00 horas, os que vos decidades a acompañarnos emprenderedes unha inesquecible «viaxe pola marea máis suxestiva e bravía, unha viaxe polo amor». Así é como RICARDO DE BARREIRO («actor, pintor y creador español» segundo a Wikipedia, e un illote humano que vive e crea de xeito autodidacta segundo él mesmo) define a obra que nos trae a Eixo: A+A: a historia anónima de amor entre dúas persoas anónimas que se atopan neste planeta, que se xuntan e que se fan auténticos compañeiros de viaxe.

A+A, que é poesía e ilustración cheas de dozura,  vai xa na segunda edición, é a poesía contida nun libro con audio, que pretende convertir aos espectadores en mariñeiros e mariñeiras surcando os mares, para o que Ricardo de Barreiro, nunha performance-presentación dunha hora aproximada de duración, despois de explicar por qué e cómo se fixo o audio-caderno, e tras apagar as luces de Eixo fai unha intimista e realmente emotiva lectura dos poemas que escribiu.

Desexando que nos acompañedes nesta fermosa viaxe, que sin dúbida, non esqueceredes, acudimos as verbas do propio autor porque ninguén mellor ca él para definirse: »

«Son Ricardo de Barreiro, un illote humano que vive e crea de xeito autodidacta. Comecei a miña vida artística no ano 1997 entre as paredes sen recebar dun pequeno espazo cedido por Paca, miña nai, e por Ricardo, meu pai. Desde alí, desde o pequeno e o íntimo, fun navegando a contracorrente e arribando a portos de todo tipo. Fixen series televisivas, películas que veu todo o mundo ou que non veu ninguén, pezas de teatro que me cambiaron por dentro e por fóra, contadas en bares que me fixeron medrar a marchas forzadas, exposicións en centros sociais e en lugares cando menos alternativos, moitos textos para saír a flote, e dous libros publicados sobre o desamor e tamén sobre algo moito máis suxestivo e bravío: o amor. No ano 2018 expoño por primeira vez nunha galería feita á miña medida: Os catro gatos, en Compostela. E todo cambia, A partir daí, con ilusión e vertixe a partes iguais, comezo o camiño de regreso para volver a min, ao meu espazo aínda en ladrillo no que todo comezou tempo atrás, para recebar todas e cada unha das paredes que me construen por dentro e niso ando.

Ao longo destes anos actuei en películas como El desconocido, Celda 211, Somos gente honrada, Encallados, Lobos sucios, 18 comidas, Los girasoles ciegos, After, Siete mesas de billar francés, Pájaros de papel, Vilamor, Pradolongo, Carlitos y el campo de los sueños, Sea beasts, ou La sombra de la ley. Tamén xoguei en pezas de teatro como Merda, A piragua, As actas escuras, ou Sobre o desamor e outras mariconadas. E fixen series de ficción como Matalobos, Luci, Lo que escondían sus ojos, Augasquentes ou Fariña. Pero sobre todo, escribín e pintei. E por enriba de todo, pinto e escribo.»

 

Detalles

Fecha:
oct 4
Hora:
8:00 pm - 9:00 pm

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
+ Google Map
Teléfono:
988 255 983