- Este evento ha pasado.
OS NABOS DE GRACIÁN, presentación de novo grupo cultural e libro colectivo.
junio 5 @ 7:30 pm - 8:30 pm
Evento Navegación
O mércores 5 de xuño ás 19,30 presentamos un novo grupo cultural e creativo inspirado no rural, trátase de OS NABOS DE GRACIAN que, formado por escritores galegos, busca pór en valor a cultura rural.
Co colectivo preséntase tamén o libro do mesmo titulo, editado por @meduliaeditorial e con textos de Fernando Juan Morado <Cone>, Xesús Trashorras, Manuel Vázquez, Xesús Bermúdez Tellado, Edu Carreira e Eduardo Carreira (a título póstumo). Varios autores asistirán ao acto de presentación.
SINOPSE:
«Canda a risa e o humor negro vén tamén a diatriba contra unha televisión que á mantenta abre as emisións con noticias sen importancia, ocupando o espazo do que merecería ser contado en primeira páxina, e faino precisamente para non falar do que pasa, ese drama que se nos veu enriba naquel momento. Estamos, pois, ante o delito de informar e ante a liberdade de prensa secuestrada. Un modo de censura democrática que nos priva do dereito a saber, alicerce de toda sociedade demócratica».