Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

O LIBRO CERO, de Jorge Emilio Bóveda. Presentación

abr 30 @ 7:30 pm - 8:30 pm

libro cero

Temos de novo o grande pracer de acoller en Eixo a presentación do último libro de Jorge Emilio Bóveda.

Desta vez será o 30 DE ABRIL ÁS ás 19:30 horas, e virá acompañado polo tamén escritor ourensán Xerardo Méndez, para falarnos de O LIBRO CERO, unha historia protagonizada por Pastor Páez, antigo policía nacional, introvertido e cataléptico, decidido a atopar o punto cero da sua vida e mesmo do mundo.

Agardámosvos na presentación dunha novela da que se resalta a orixinalidade da sua estructura e, coma sempre, o seu aire galego e mesmo ourensán. Con Bóveda temos xa experiencia bastante para asegurarvos unha horiña ben interesante. Animádevos.

Sinopse:

«Pastor Páez, antigo policía nacional, introvertido e cataléptico,sente a necesidade de comezar todo novamente; de topar o punto cero do mundo e da súa vida. Para iso embárcase nunha viaxe por varios países semellándolle pouco a pouco que a súa vida anterior tece un mecanismo invisible que marca os seus pasos, teimando en levalo de cabeza a un fin insospeitado de consecuencias estarrecedoras.

Unha novela metaliteraria de grande orixinalidade que se move entre varios xéneros recoñecibles e cuxa estrutura supón un cadro; unha litografía de escaleiras que se soben a si mesmas que ben podería ser da autoría de Escher.»

Detalles

Fecha:
abr 30
Hora:
7:30 pm - 8:30 pm

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
+ Google Map
Teléfono:
988 255 983