Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

O COLAPSO TERRITORIAL EN GALIZA, de Xosé Constenla, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio

jun 20 @ 7:30 pm - 9:30 pm

O COLAPSO TERRITORIAL

En Eixo, o próximo mércores día 20 de xuño, ás 19:30 imos abordar un tema de vital importancia para a nosa terra coa presentación da última obra gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, de Xosé Constenla, profesor da Xeografía nas Universidades de Vigo e León e tamén amante incondicional da música, con xa catro discos editados.

«O COLAPSO TERRITORIAL EN GALIZA» título da obra que presentamos, parte do feito constatado de que o territorio, igual que en ocasións sucede nos hospitais, nas autoestradas, nos servizos en xeral, tamén deixa de funcionar tan ben como tería que facelo; é entón cando se produce o colapso do territorio, porque as distintas pezas que o integran (pobos, vías de comunicación, montes…) compiten unhas con outras no canto de cooperar entre elas.

Xosé Constenla no seu ensaio propón como parte esencial da solución a un problema de tan dificil xestión polos poderes públicos, a necesidade de facer un cambio mental, a necesidade de fixarnos como obxectivo non so o rendemento económico, senón o rédito social ou ambiental.

Se queredes profundizar nun problema que hoxe é acuciante, se vos interesa vislumbrar cales poderían ser as posibles solucións axeitadas, achegádevos o mércores a Eixo onde Xosé Constenla, nos concienciará sobre a necesidade ineludible de salvar o noso territorio que, de xeito evidente, atópase con síntomas obvios de colapso.

Unha vez máis, o tema que abordamos ben merece a nosa atención. Agardámosvos, é o día 20 ás 19:30 h. En Eixo.

Detalles

Fecha:
jun 20
Hora:
7:30 pm - 9:30 pm

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
+ Google Map
Teléfono:
988 255 983