MANUAL DE CAMUFLAXE, de Samuel Merino.
noviembre 20 @ 7:30 pm
Evento Navegación

O xoves 20 ás 19,30 e coa presencia de Arancha Nogueira e Luca Chao, será Samuel Merino ( @pompaeboato en ig) quen nos regale os oídos anticipándonos versos de «MANUAL DE CAMUFLAXE» poemas do visible, poemas do velado.
«Manual de camuflaxe» é unha expedición creativa que nos envolve e nos interroga, coma unha fenda luminosa. Máis aló da adaptación á contorna, a camuflaxe sinala o paradoxal desexo de ser visto, de ser recoñecido no mesmo medio da disolución. Nesa tensión entre o visíbel e o velado, os versos de Samuel Merino adquiren unha calidade especular, devolvéndonos a nosa propia fraxilidade.
