Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

I reunión de DESTRIPANDO LIBROS, parola literaria de Eixo.

oct 17 @ 8:00 pm - 9:00 pm

club de lectura
O vindeiro luns, día 17, ás 20,00  celebraremos en Eixo a primeira reunión de “Destripando libros” a nosa propia parola literaria.
 
 
Partindo da idea dos clubs de lectura, gustaríanos introducir algunhas pequenas variantes; será, dende logo e ante todo, unha tertulia para comentar as opinións sobre o libro escollido, pero amáis, quen queira (e seguro que co tempo imos ampliando quen se anime ) poderá aportar á parola calquera consideración con cuadro, canción, fotografía, película, ilustración, …calquera manifestación artística, mesmo histórica, que considere relacionada coa lectura que se comenta. Iso, que o libro sexa un eixo, é unha das novidades que temos en mente, pero estamos pensando noutras máis…
 
 
Este é o convite que vos diriximos para que participedes desta especie de «Asamblea constituinte de “DESTRIPANDO LIBROS” , a parola literaria de Eixo, ben seguro que será case clandestina – polo previsible número de participantes – pero se vos interesa e vos queredes anotar ou saber máis antes de facelo, só tedes que mandar un mail a cultura@libreriaeixo.com  ; tentaremos resolver as vosas dúbidas, e despois, se queredes, probades.
 
Lembrade cultura@libreriaeixo.com Veña, enchédenos o correo de mails ?

Detalles

Fecha:
oct 17
Hora:
8:00 pm - 9:00 pm
Evento Categorías:
,

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
Teléfono:
988 255 983