GRATIA PLENA, un festival en feminino; na CAPELA DO SANTO ANXO. Celebrando á muller.
marzo 22 @ 12:00 am - 1:00 pm
Evento Navegación

Esta é unha desas ocasións nas que a recomendación de Eixo non é estrictamente un libro. Organizado pola Fundación Santa Marina de Temes e a poeta ourensana Conchi da Silva, este ano celebrase por terceira vez GRATIA PLENA -un festival en feminino- coa pretensión de dar a coñecer a obra de mulleres creadoras.
A terceira edición desta notable iniciativa que celebramos gustosos, terá lugar os domingos 15 e 22 de marzo ás 12:00h, nun marco especial, na fermosa Capela do Santo Anxo, en pleno barrio do Couto. Serán dous actos:
O domingo 15 contaremos con ALBA CID, a consolidada poeta ourensana que amáis de falarnos da sua obra recitará poemas acompañada do saxofonista Xosé Miguélez; alí teredes exemplares dos seus poemarios á vosa disposición.
O día 22 o protagonismo será da música, coa arpa da catalana ANNA AMIGÓ. Será novamente ás 12,00 e tamén na Capela do Santo Anxo.
Sempre é ás 12 do mediodía, xa sabedes, hora do Ángelus. Non faltedes a ningún dos dous actos, é un inmellorable xeito de celebrar á muller 
