Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Firma A VIDA SECRETA DE ÚRSULA BAS, de Arantza Portabales

jul 10 @ 12:00 am - 1:00 pm

u
En xullo, o día 10, ás 12:00 horas da mañá, temos en Eixo unha cita con Arantza Portabales.
A coñecida escritora firmará exemplares do seu  último libro A VIDA SECRETA DE ÚRSULA BAS, a nova aventura de Abad e Barroso,  de novo xuntos tras resolver o Caso Alén, aquél intrigante misterio en cor tan exitoso que foi BELEZA VERMELLA e que nos deu a coñecer á parella, tan chea de forza, tan pouco valeira, tan peculiar.
Desta vez a que desaparece é  Úrsula B., unha famosa escritora compostelana que aparentemente leva unha vida corriente; escribe, é nai, esposa, dá conferencias, prodígase, encantadora nas redes sociais…pero un venres de febreiro non chega á biblioteca onde ía dar unha charla. O seu marido, Lois Castro, denuncia a súa desaparición.

Así comeza A VIDA SECRETA DE ÚRSULA BAS, así comeza a historia, envolvente e imposible de abandoar, do ¿secuestro? ¿fuxida? ¿asasinato? da misteriosa Úrsula, que Abad e Barroso tentarán resolver, unha historia na que nada é o que semella…ou tal vez si?

Vinde á nosa cita en Eixo con Arantza, se vos metedes so un cachiño na vida secreta de Úrsula, non quereredes saír dela…

Detalles

Fecha:
jul 10
Hora:
12:00 am - 1:00 pm

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
+ Google Map
Teléfono:
988 255 983