Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

EXPOSICIÓN «MEDUSA PEDRA NAI», fotografías de Tere Fernández

dic 15 @ 8:00 am - dic 31 @ 11:00 pm

TERE

Dende o día 15 de decembro ata o 31 Eixo acolle a exposición de fotografías que Tere Fernández agrupa baixo o título MEDUSA PEDRA NAI e que xa foi exhibida no Arenteiro Fotográfico do Carballiño durante o pasado mes de novembro.

As  nosas paredes estarán así cheas de imaxes de pedra, de montaña, de brétemas, de néboa…dese feitizo que se reflicte nos paisaxes de Tere que explica as súas imaxes recurrindo a Medusa:

«Medusa tamén é de pedra, a súa nai unha montaña. Cando lle cortaron a cabeza, o seu corpo esnaquizouse ó caer o chan, infinitos anacos esparexeronse, cal semente, pola eternidade. Un deses anacos é a lousa dun cemiterio calquera. Outros aínda seguen a buscar o seu lugar.»

Non vos esquezades de visitarnos, lembrade que Eixo estará vestida de Tere Fernández, dende o 15 ó 31 deste mes de decembro, engalanada coa última exposición do ano. Visitádea
 
 

Detalles

Comienza:
dic 15 @ 8:00 am
Finaliza:
dic 31 @ 11:00 pm

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
+ Google Map
Teléfono:
988 255 983