Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

«EU SON DE AQUÍ E DE ALÁ», novela de TAMARA ANDRÉS.

marzo 26 @ 7:30 pm - 8:30 pm

tamara

O xoves 26 contaremos coa presencia da tradutora e escritora Tamará Andrés, que, acompañada por Rosendo Cid, presentará a súa recente novela «EU SON DE AQUÍ E DE ALÁ» . Será ás 19,30

Eu son de aquí e de alá vai á procura de Matilde Lloria (1912-2002), poeta que viviu de a cabalo entre Valencia e Galicia, e que na España do século XX cultivou unha produción poética en valenciano, galego e castelán. Enfiando as voces de diferentes persoas convertidas aquí en personaxes, Tamara Andrés comparte a súa indagación arredor dunha autora alófona e migrante.
É esta unha obra que se sitúa nun lugar intermedio. Tamén un exercicio de memoria fragmentada, un xogo de espellos, unha pescuda sobre o que fica fóra das historias literarias, unha man tendida, un intento de reparación.

Detalles

Fecha:
marzo 26
Hora:
7:30 pm - 8:30 pm

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
Teléfono:
988 255 983