Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

CONTACONTOS para presentar o FICCIONARIO MUSICANIMAL

sep 20 @ 7:30 pm - 8:30 pm

raton

INAUGURAMOS TEMPADA!!!

O VENRES DIA 20 de setembro inauguramos tempada de eventos en Eixo con  Fran Guede, que nos achegará con divertidos e educativos contos ao FICCIONARIO MUSICANIMAL, do que, ilustrado por Alberto Carballo, o propio Fran Guede (PAPOTO) é autor. Achegarase a  Eixo para contarnos historias máxicas saídas dun libro, editado por Autografía, con moi bonita factura, cheo de ficcións animais, cheo de música e de palabras inventadas.

Seguindo a orde alfabética animais, instrumentos, xogos, risas e curiosas verbas ata agora descoñecidas encherán Eixo facendo as delicias dos  cativos. Fran Guede contará contos, proporá xogos, falará de música e fará que os pequerrechos que o acompañen pasen unha horiña ben divertida e educativa, ao tratarse dun acto que  fomenta a lectura do único xeito que garante o resultado: xogando, rindo e desfrutando ao máximo.

Non faltedes. Traede os vosos nenos: aprenderán a valorar a lectura xogando. Lembrade, é o día 20 de setembro, ás 19:30 h. En Eixo.

Detalles

Fecha:
sep 20
Hora:
7:30 pm - 8:30 pm

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
+ Google Map
Teléfono:
988 255 983