
- Este evento ha pasado.
CONTACONTOS MUSICAL.
marzo 25 @ 12:00 pm - 1:30 pm
Evento Navegación

O sábado 25 ás 12,00 do mediodía nenas en nenos de Ourense poden vir escoitar un conto, cantalo e bailalo con MÚSICA MIUDA, unha banda composta por Irene Quinteiro, Miguel Alonso e Óscar Martínez, na que tamén colabora Manu Pazos que naceu durante o ano 2019 e percorreu gran parte da xeografía galega cos seus contacontos musicais e concertos en formato eléctrico.
Neste proxecto combinan contos e cancións de creación propia, con especial fincapé na diversidade e a integración, e cunha perspectiva de xénero e de fomento da nosa lingua. Cambia o conto (Galaxia, 2022) é o seu primeiro libro-disco.