Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

CAROLINA, de Alberto Canal.

nov 30 @ 8:30 pm - 9:30 pm

CAROLINA

O día 30 de novembro ás 20:30 h, xa no que sería normalmente horario de peche,  achegaremos aos lectores  CAROLINA, a última novela de Alberto Canal, e farémolo máis ca cunha presentación ao uso, cunha performance, cunha mistura de danza, música, literatura e clandestinidad, moita clandestinidade.

Así será como en Eixo recibamos a CAROLINA, esa «historia de paixóns, venganza e libros que, por empatía, debería ser lida ás escuras e cunha lanterna na man».

SINOPSE

Carolina Ernau é unha muller que loita por sobrevivir nunha cruel guerra fratricida onde os gañadores, ademais de tratar de aniquilar fisicamente os vencidos, pretenden impedir que pensen e imaxinen. Unha muller que se converte en maquis e espalla a paixón polos libros, sobre todo por aqueles que a marcaron como ser humano, aqueles que se viu obrigada a ler na clandestinidade, á luz dun farol ou baixo o foco dunha lanterna. Unha muller sobre a que penden ameazas de cadea, de tortura e de morte. Este é o relato dunha vinganza, a de quen non soporta a impunidade dos crimes e decide administrar xustiza pola man, protagonizando peripecias que poñerán en perigo aquelas persoas que participan no cometido. Unha destas persoas é o xornalista Tomás Abilleira, que inicia unha investigación sobre Carolina Ernau tras coñecer a Rosalía Mera, unha enxeñeira que traballou para os nazis durante os anos corenta do século XX.«Carolina», a última novela de Alberto Canal, é unha historia de paixóns, vinganza e libros que, por empatía, debería ser lida ás escuras e cunha lanterna na man.
Carolina Ernau é unha muller que loita por sobrevivir nunha cruel guerra fratricida onde os gañadores, ademais de tratar de aniquilar fisicamente os vencidos, pretenden impedir que pensen e imaxinen. Unha muller que se converte en maquis e espalla a paixón polos libros, sobre todo por aqueles que a marcaron como ser humano, aqueles que se viu obrigada a ler na clandestinidade, á luz dun farol ou baixo o foco dunha lanterna. Unha muller sobre a que penden ameazas de cadea, de tortura e de morte. Este é o relato dunha vinganza, a de quen non soporta a impunidade dos crimes e decide administrar xustiza pola man, protagonizando peripecias que poñerán en perigo aquelas persoas que participan no cometido. Unha destas persoas é o xornalista Tomás Abilleira, que inicia unha investigación sobre Carolina Ernau tras coñecer a Rosalía Mera, unha enxeñeira que traballou para os nazis durante os anos corenta do século XX.

Detalles

Fecha:
nov 30
Hora:
8:30 pm - 9:30 pm

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
Teléfono:
988 255 983

Organizador

Librería Eixo