Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

BIC IN PROGRE (S) unha performance de poesía, música e danza.

mar 23 @ 7:30 pm - 8:30 pm

bic in progre(s)

Marzo cheira non só a primavera, marzo cheira especialmente a poesía; por iso en Eixo todo o mes sentimos especialmente – si é que é posible – a lírica, a rima, a verba doce, a sutileza.

En Eixo presumimos de ofrecervos, o venres 23 de marzo, as 19:30 h, unha achega a poesía a través da voz, do corpo e da arte sonora; de regalarvos música, danza, verbas, sentemento…todo iso é a performance que ese venres nos sorprenderá en Eixo para que o poemario «B/i/c//mordido». de Constance Hurlé encha os nosos sentidos, inundándonos de poesía dos pés á cabeza. A man do guitarrista Rui Grenha, a súa música nacente y o corpo da poeta Constance Hurlé, a súa voz, o seu movemento sérán os obreiros de toda a arte, a poesía, a música e o teatro que vos agardan en Eixo esa tarde.

Tras unha xira que percorreu A Coruña, Oviedo, Gijón, Salamanca, Madrid o espectáculo volta a Galicia para recalar en Ourense, onde despois de novas presentacións en Santiago e Vigo, poderemos comprobar se como ben recita Constance «a inspiración atópase nas gotas da choiva que saben a ollos de plata».

Lembrade, o 23 de marzo, ás 19:30 en Eixo, non deixedes de vir. Será puro sentemento. Viviremos poesía.

Detalles

Fecha:
mar 23
Hora:
7:30 pm - 8:30 pm

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
+ Google Map
Teléfono:
988 255 983