- Este evento ha pasado.
AVELAÍÑAS ELÉCTRICAS, de Sica Romero. Presentación.
nov 17 @ 8:00 pm - 9:00 pm
Evento Navegación
O Xoves 17 de novembro presentamos AVELAÍÑAS ELECTRICAS coa asistencia de Sica Romero, a sua autora, que define esta obra de ficción coma unha novela realista, na que están presentes os xogos de estilo tipográfico, a Costa da Morte, a súa fala a que acude para relatar a historia de Mariña e Olivia, dúas mozas universitarias que tentan fuxir das súas obscuridades. A novela, na que cada capítulo ven introducido por un poema de Rosalía, Sica trata con delicadeza e agarimo distintos temas universais (a violencia, o amor, a amizade, a ética…) de tal xeito que a novela ben se podería empregar coma ferramenta pedagóxica e de reflexión; Sica Romero aborda o peso e os lastres que cargan estas dúas amigas ao sairen da casa familiar.