Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

«ÁRBORES QUE NON ARDEN. As mulleres na prevención de incendios forestais»

noviembre 28 @ 8:00 pm - 9:00 pm

arbores que non arden mas 2

O día 28 de novembro, ás 20:00 horas, acolleremos en Eixo a presentación do libro » ÁRBORES QUE NON ARDEN. As mulleres na prevención de incendios forestais», no que se analiza o papel das mulleres nos eidos propios duna labor tan esencial como ven sendo últimamente a prevención dos incendios forestais.

Facendo «unha panorámica superficial do mundo do lume, a presenza de mulleres resulta aparentemente anecdótica. A súa visibilidade nos distintos escenarios do complexo quebracabezas que supón a problemática dos incendios forestais en Galicia, é moi reducida: demasiado…

Para afondar nesta cuestión o equipo do Proxecto Batefogo reúne neste volume achegas de diferentes autoras que, desde a súa disciplina, reflexionan sobre o papel das mulleres na prevención e extinción dos incendios forestais.

O equipo do proxecto Batefogo está composto pola enxeñeira agrónoma Celsa González Ogando, Paula Lubián Fernández, Miguel Pardellas Santiago e Brais Pérez Gómez, unha enxeñeira agrónoma, dúas educadoras ambientais licenciadas en Ciencias Ambientais e un asesor especializado en cooperativas que se xuntaron un día para traballar conxuntamente na prevención dos incendios forestais con ferramentas de intervención social. Conscientes de que
as solucións á problemática dos incendios están no terreo do social, e
empregando como ferramentas a educación e a participación, traballan nas
comunidades máis directamente afectadas polos lumes para abordar as súas causas estruturais e deseñar colectivamente propostas de actuación”.  

 

 

Detalles

Fecha:
noviembre 28
Hora:
8:00 pm - 9:00 pm

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
+ Google Map
Teléfono:
988 255 983