Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

ANIBAL E A PINTORA, de Xabier Paz

abr 19 @ 8:00 am - 9:00 pm

anibal e a pintora presentacion ateneo pontevedra

O día 19 de abril, mércores, ás 20:00 horas e acompañado por Delfín Caseiro, X. Luis Álvarez e Manuel Bragado, teremos en Eixo a Xabier Paz, falándonos da súa última novela, editada por Xeráis, ANIBAL E A PINTORA.
A novela xira arredor da vida da artista Artemisia Gentileschi, mestra pintora e icono feminista; muller que malia ser analfabeta aprendeu a ler e a escribir de adulta, acadando ser recoñecida en vida como a gran pintora que foi; como a virtuosa artista que con so 23 anos e en pleno século XVII foi admitida na Academia de Florencia.
ANIBAL E A PINTORA narra os devezos de Aníbal Moreda á procura da incerta verdade sobre a vida de Artemisia semellando ás características bonecas rusas Matrioskas; partindo dunha voz que contén outra voz, que contén novamente outra voz a novela muda nun xenuino tratado de saberes sobre a pintura, sendo ó mesmo tempo unha lección de historia e unha recreación do paso da pintora, artista e muller libre, por o ambiente cultural de Roma, Florencia, Nápoles, Venecia…

Detalles

Fecha:
abr 19
Hora:
8:00 am - 9:00 pm