- Este evento ha pasado.
ALÉN DO LAGO, de Carlos Folgoso Sueiro, gañador da XII edición do PREMIO GALICIA DE FOTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA
enero 13 @ 7:00 pm - 8:30 pm
Evento Navegación

Co proxecto “Alén do lago”, o verinés Carlos Folgoso gañou este ano o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.
As fotos que o conforman deron vida a unha exposición rotatoria que pasou polo Hermitage de San Petersburgo, polo Somerset House de Londres, por Nova Iorque, no Photoville de Brooklyn…
O libro, deseñado por Xosé Lois Vázquez para Difusora de Letras, Artes e Ideas, foi recentemente destacado en Babelia – El País, suplemento cultural do xornal El País como un dos mellores libros de fotografia do ano 2025:
«Materiais coidados, como xa é habitual nesta editorial: tapa dura, unha imaxe de portada tan intrigante como contida e unha información que se estende mesmo ás gardas, co selo inconfundible do seu deseñador, Xosé Lois Vázquez. O proxecto aborda unha Galicia mirada desde dentro, desde as vivencias máis íntimas, familiares e biográficas do autor. A obra artéllase como unha travesía metafórica polas idiosincrasias do país, construída cunha atmosfera de resonancias cinematográficas que sitúa o lector nun tempo indeterminado. Nela conviven realidades sociais e políticas, mitoloxías e crenzas sincréticas, a tristeza, o traballo e a soidade como sinais de identidade, unha emigración profundamente enraizada, aquilo que se protexe e aquilo que se despreza, así como unha tensión persistente entre forza e opresión que marcou historicamente o territorio.»
(El País. 25-12-2025)
**************
No acto, intervirán:
– Carlos Folgoso Sueiro, autor de «Alén do lago», traballo premiado na XII edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.
– Xosé Lois Vázquez, deseñador do libro e editor de Difusora de Letras, Artes e Ideas.
– Vítor Nieves, organizador do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.
-Anxo Lorenzo, Director Xeral de Cultura, Xunta de Galicia.
– Iria Castro, deputada de Cultura da Deputación de Lugo.
– Francisco Javier Rodríguez, Vicerreitor do Campus de Ourense.
*************
O Premio Galicia de Fotografía Contemporánea conta co apoio da Xunta de Galicia Dirección Xeral de Cultura, Vicepresidencia. Deputación de Lugo e Universidade de Vigo Campus de Ourense
ALÉN DO LAGO temos a sorte de presentalo en Eixo. Será o xoves 13 de xaneiro ás 19,00. Un luxo
