- Este evento ha pasado.
«AGORA NON É ANTES. Ideas para unha revolución tranquila» de Antón Baamonde. Presentación
abril 8 @ 7:30 pm - 8:30 pm
Evento Navegación

O mércores 8 de abril ás 19,30 Eixo acolle a presentación de Agora non é antes. Ideas para unha revolución tranquila, o novo libro de Antón Baamonde. A obra, publicada por Editorial Galaxia, plantexa unha reflexión sobre o estado actual da democracia e o futuro de Galicia, poñendo o foco en si é esa «revolución tranquila» despois dos cambios sociais e económicos das últimas décadas.
A presentación, que comezará a las 19:30 horas, contará coa intervención de Alfonso Cid e Daniel Hermosilla.
SINOPSE:
Combater os clixés, transformar o modo en que nos imaxinamos, abandonar as retóricas da pasividade, enfocar o país dun modo máis plausible, é o que propón este libro.
Galicia está acabando a gran transformación que se produciu no último medio século e, á vez, entrando nun momento crucial da súa historia. Na acelerada e tormentosa inflexión mundial que se está producindo haberá unha nova oportunidade? Sería posible unha revolución tranquila? Sería posible que o fenomenal cambio económico e social que viviu Galicia nas últimas décadas abrise o camiño a unha transformación política e cultural? Sería posible un camiño propio, un modelo de modernización coherente, unha nova narrativa colectiva? Sería posible, indo máis aló, unha Galicia que axude a construír unha España policéntrica e un pacto federal, integrada na UE?
