Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

A VELOCIDADE CRITICA, de Ramón Caride Ogando. Presentación

oct 15 @ 7:00 pm - 9:00 pm

a velocidade

 

O día 15 de outubro ás 19:00 horas temos de novo o pracer de acoller en Eixo a RAMÓN CARIDE OGANDO e a JORGE EMILIO BÓVEDA que nos falarán do novo libro que Ramón Caride ven de sacar á luz da man de Edicións Embora.

Nesta vez o autor ourensán achéganos 35 relatos de curta extensión, a maioría non chega ás tres páxinas completas, que xiran arredor da  da realidade, máis concretamente do xeito de percibila; da necesidade de adoptar respecto do que vemos e do que nos ofrecen, un pensamento que non sexa dócil senon crítico e veloz, rápido como a realidade que analiza. Ramón Caride, que sempre nos regala literatura da boa, da imprescindible, desta vez mestura realidade e ficción amosándonos que para ser  libres precisamos acceder ao coñecemento sen predeterminacións que nos condicionen, pensando e valorando de xeito crítico e veloz.

Así pois, 0 15 de outubro ás 19,00 horas,  Ramón Caride Ogando con Jorge Emilio Bóveda, estarán en Eixo para falarnos de A VELOCIDADE CRÍTICA; non faltedes.

Detalles

Fecha:
oct 15
Hora:
7:00 pm - 9:00 pm

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
+ Google Map
Teléfono:
988 255 983