
- Este evento ha pasado.
A PARTE FÁCIL, de Ismael Ramos. Presentación.
mayo 25 @ 7:30 pm - 8:30 pm
Evento Navegación

O xoves 25 de maio, ás 19,30 horas teremos o pracer de acoller en Eixo a ISMAEL RAMOS para presentarnos a súa última obra, o libro de relatos titulado A PARTE FÁCIL. A máis estará acompañado pola poeta ourensá ALBA CID. Dobre luxo.
Os contos de «A parte fácil» conforman o primeiro libro de narrativa de Ismael Ramos.
As personaxes deste libro están medrando. Ou quizais non se decaten de que xa remataron de medrar. Da adolescencia á trintena, as voces que tecen «A parte fácil» aprenden a convivir con sentimentos de culpa que non lles pertencen, coa vergonza, con segredos familiares antigos e recentes… A dificultade para comunicarse co mundo déixaos illados na inquietante xordeira de quen afunde a cabeza relaxadamente nunha bañeira chea de auga e sopesa a idea de non erguerse nunca máis.Os contos de «A parte fácil» conforman o primeiro libro de narrativa de Ismael Ramos.
Ismael, con só 28 anos, é xa un poeta laureado; conta entre outros, co Premio Nacional de Poesía Joven ‘Miguel Hernández’, outorgado no 2022, polo seu poemario ‘Lixeiro’, é amáis, un xove profesor e activista que defende o poder da linguaxe fronte o fascismo. E ven acompañado por Alba Cid que acadou o mesmo premio no ano 2020. O dito, dobre luxo.