Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

«A formiga fóra do carreiro» Teatro e ilustracións para nenos

ene 31 @ 7:30 pm - 8:30 pm

a formiga

.

 Con texto de Raquel Castro e ilustracións de Ángela Álvarez Paula, o día 31 de xaneiro, ás 19:30 horas, Eixo acolle a presentación en Ourense desta nova peza teatral para os nosos rapaces.

A FORMIGA FÓRA DO CARREIRO, ensínanos que todos buscamos o noso destino: as formigas tamén.  Ou cando menos esta formiga que vai ter que enfrontarse a un feixe de animais de toda clase que non deixan de dicirlle o que debe facer e como se debe comportar cando ela, en realidade, o que quere é ser libre e feliz. Unha obra moi divertida protagonizada por unha bichería inesquecible.

Raquel Castro, nacida en Salvaterra de Miño no 1971, é profesora de Lingua Galega e Literatura no ensino secundario. Dedícase ó teatro dende o ano 1999, cando comezou a dirixir grupos, a impartir talleres, a escribir obras polas que recibiu entre outros e no ano 2014 o Premio de Honra na Estornela de Teatro que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas. Actualmente dirixe  o Grupo de Teatro da SDC de Salvaterra.

Ángela Álvarez Paula, con só 20 anos foi elexida por Galaxia para ilustrar o libro tras amosar á editorial os seus traballos. Despois de completar un ciclo de Ilustración, na actualidade cursa o ciclo superior de Diseño Gráfico na escola Antonio Faílde de Ourense.

O día 31 estarán as dúas en Eixo para falar de libros, ilustracións e teatro para nenos: amigos, non vos hai plan mellor.

Detalles

Fecha:
ene 31
Hora:
7:30 pm - 8:30 pm

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
+ Google Map
Teléfono:
988 255 983