Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

AMAR/AZAR de Javier Fraiz e A DAMA DE ANBOTO, de Rober Cagiao.

noviembre 13 @ 7:30 pm - 8:30 pm

fraiz e cagiao

O xoves 13, tamén ás 19,30 Javier Fraiz e Rober Cagiao presentarán as súas últimas obras, AMAR/AZAR e A DAMA DE ANBOTO (tamén en castelán LA DAMA DE ANBOTO) arredor das que manteremos un coloquio co público asistente ao acto.

AMAR/AZAR (SINOPSE):

O que por lóxica debería suceder talvez non aconteza. O que semella improbable pode pasar. O azar é coma un deus e compórtase coma o diaño. A diferenza entre morrer e vivir, entre ter e perder, entre querer e volver, redúcese aos detalles. De Ourense a París, da felicidade dunha voda ao dó e o loito, do convencemento ás dúbidas, do amor ao azar.

A DAMA DE ANBOTO

Ao entrar na cova de Anboto, nos montes de Euskadi, pódeste atopar coa deusa Mari, unha fermosa muller que habita nela. Cómpre que sexas sincero se che pregunta, porque se lle mentes quitarache o que negues. Porén, se lle dis a verdade, concederache o que máis desexas. O cadáver dunha muller aparece moi preto de Portomarín, Lugo. A inspectora Galdós e o seu compañeiro Martín Lasarte descobren que a súa identidade se correponde coa de Deva Varela, desaparecida en Arrasate, Guipúscoa, no solsticio de verán sete anos atrás. Agrándase o misterio ao saber que a súa irmá, Amalur, tamén desapareceu na mesma data, vinte e oito anos antes, no monte de Anboto. A investigación policial levaralles de Galicia a Euskadi para descubrir que se agocha tras tantos anos de silencio. Que lle sucedeu a Amalur? È posible que aínda siga con vida? Cada vez hai máis interrogantes, máis a verdade está a piques de saberse e ninguén está preparado para ela. Ou si? si?

Detalles

Fecha:
noviembre 13
Hora:
7:30 pm - 8:30 pm

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
Teléfono:
988 255 983

Organizador

Librería Eixo