Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

66, de Xavier Queipo.

noviembre 18 @ 7:30 pm

66

Será o martes 18 ás 19,30 cando Xavier Queipo -con sesenta e seis anos de idade- nos achegue o seu último libro . Titúlase «66» é contén unha colección de sesenta e seis relatos breves e un limiar esclarecedor. Estará acompañado por Jorge Emilio Bóveda.

Xavier Queipo, un dos narradores galegos que máis se ten prodigado na narrativa breve, celebra o seu 66 aniversario con esta colección de sesenta e seis relatos breves, aos que engade un limiar esclarecedor. A primeira parte do libro, «Relatos atópicos», recolle contos no sentido estrito, aínda que con sorpresas; «Gabinete de curiosidades» fai lembrar as prosas das súas entregas anteriores («Contornos», de 1993, e «Mundiños», de 1995); «Prosas finiseculares» é unha colección de fragmentos do seu diario na última década do século XX. Como xa acontecera en «55» (Xerais, 2014), este libro conforma un crisol de historias que pasean polo gume entre a realidade e a ficción, con moitas referencias eruditas e tamén con lembranzas de vidas que xa sucederon ou que aínda poderán suceder. Un Xavier Queipo en estado puro que explora a innovación temática e formal.

Detalles

Fecha:
noviembre 18
Hora:
7:30 pm

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
Teléfono:
988 255 983

Organizador

Librería Eixo