Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

junio 15 @ 7:30 pm - 8:30 pm

anoitece
O mércores 15, ás 19:30 presentamos en Eixo a última novela de Jorge Emilio Bóveda  , ANOITECE EN VULGARIA, editada por Toxosoutos e coa presenza, a máis do autor de Valentín Barreiros.
Na Vulgaria que nos regala Bóveda hai frivolidade, hai espectáculo, hai cretinismo; as humanidades aburren e estorban; a cultura farta…Nesa Vulgaria hai un estado distópico no que mesmo sobra a policía orwelliana; sobra a vixilancia,  sobra o control, porque Vulgaria non precisa inspección, nen funcionarios que manden queimar  libros:  as bibliotecas poden estar cheas deles, porque en Vulgaria non lle interesan a ninguén.
En Vulgaria é natural  que anoiteza, sí;  pero seica hai una illa, a Illa Galana, tamén chamada Illa dos cultivadores…
Este mércores en Eixo acollemos gustosos unha vez máis a Jorge Emilio Bóveda que acompañado de Valentín Barreiros nos falará de #ANOITECEENVULGARIA, unha historia distópica nada vulgar.
Pasádevos; a tarde do mércores en Eixo non vai anoitecer 😉

Detalles

Fecha:
junio 15
Hora:
7:30 pm - 8:30 pm

Lugar

Librería Eixo
C/ Cardenal Quevedo, 36
Ourense, Ourense 32004 España
+ Google Map
Teléfono:
988 255 983