Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
EN ABRIL, 20 ANIVERSARIO DE EIXO.

EN ABRIL, EIXO CUMPRE 20 ANOS, e iso, cós tempos que corren e coa que está caendo no noso sector, merece a maior das celebracións, amigos; así que para conmemoralo, empeñámonos en ofrecervos unha mistura de beleza; unha fresca combinación de  ilustración, de literatura, de teatro, de música, de cultura en xeral…deixámosvos aquí a programación dun abril ben xeitosiño, e cheíño, cheíño de pesos pesados; mirade:

  • Día  4, ás 19,30.- 
    • LUIS DÁVILA firmará exemplares do seu incisivo «O BICHERO» 
  • Día 12,  ás 20,00.-  
    • VICTOR FREIXANES e ANTÓN RIVEIRO COELLO falaránnos de «O TRIÁNGULO INSCRITO NA CIRCUNFERENCIA» con ocasión da reedición da que foi primeira novela escrita hai 20 anos polo actual presidente de la Real Academia Galega, hoxe convertida nun clásico da narrativa galega  contemporánea, nunha das creación máis singulares da novelística das últimas década.
  • Día 23, ás 19:30.-
    • Sorteo dun lote de libros e lecturas conmemorativas do DIA DO LIBRO.
  • Día 25, ás 20,00:
    • A compañía de Teatro CHÉVERE presentará o seu libro «BIBLIOTECA DE TEATRO» editado por KALANDRAKA.
  • Día 30,  ás 20, 00:
    • Coloquio sobre A CULTURA EN OURENSE con participación de ANGELES R. BALIÑO da Fundación Cum Laude, TITO ASOREY, actor e director de escena, CRISTINA C. POMBO, escritora e, para falarnos de música estará DAVID PEDROUZO, de Café & Pop Torgal.

E durante TODO O MES DE ABRIL teremos exposición das ILUSTRACIÓNS DE O BICHERO, sempre punzante, sempre acertado, sempre galego e a nosa habitual CITA A CEGAS CUN LIBRO.

Como se dí por ahí…para dar y tomar!

Agardámosvos; non nos faltedes  :-)