Bienvenidos a Librería Eixo, tu librería en Ourense.
Llámanos al 988 255 983
DESTRIPANDO LIBROS, parola literaria de Eixo
Queredes formar parte do recén inaugurado clube de lectura de Eixo? Queredes ser destripadoras e destripadores de libros?
 
 
Mandádenos un mail a cultura@libreriaeixo.com e contestarémosvos con información cumprida da parola literaria que facemos en Eixo.
 
Partindo da idea dos clubs de lectura, gustaríanos introducir algunhas pequenas variantes; será, dende logo e ante todo, unha tertulia para comentar as opinións sobre o libro escollido, pero amáis, quen queira (e seguro que co tempo imos ampliando quen se anime ) poderá aportar á parola calquera consideración con cuadro, canción, fotografía, película, ilustración, …calquera manifestación cultural ou artística, mesmo histórica, que considere relacionada coa lectura que se comenta. Iso, que o libro sexa un eixo, é unha das novidades que temos en mente, pero estamos pensando noutras máis…
 
 
A «Asamblea constituinte de “DESTRIPANDO LIBROS” , celebrouse o pasado 17 de outubro, e non foi tan clandestina como agardabamos: fomos 13, pero agora xa somos máis. E contamos con seguir aumentando. Animádevos.
 
Lembrade cultura@libreriaeixo.com  .Veña, enchédenos o correo de mails ?