1 April, 2022
958
BASES DA CONVOCATORIA DA PRIMEIRA EDICIÓN DO «CONCURSO DE MICRORRELATOS LIBRERÍA EIXO»
Con motivo da celebración do mes de libro 2022, a LIBRERÍA EIXO convoca a primeira edición do CONCURSO DE MICRORRELATOS LIBRERÍA EIXO, que se rexirá polas seguintes bases:
- Poderá participar calquera persoa maior de idade, sen límite xeográfico.
- Cada participante poderá mandar como máximo dous microrrelatos, debendo utilizar un pseudónimo diferente para cada microrrelato presentado.
- Pódense presentar traballos tanto en lingua castelá coma en lingua galega.
- A temática será “Aconteceu nunha librería”.
- A extensión será dun máximo de 150 palabras, sen contar o título.
- Os microrrelatos deberán ser inéditos e orixinais, sin ter sido premiados anteriormente e sin ter sido presentados de forma simultánea a outros certames.
- As obras enviaranse por correo electrónico co asunto “I Concurso Microrrelatos Librería Eixo” á dirección info@libreriaeixo.com . No mail deberán adxuntarse dous documentos en formato PDF: un será o microrrelato, e outro no que aparezca o título da obra xunto cos datos persoais do autor ou autora (nome, apelidos, teléfono de contacto e mail)
- O plazo de admisión rematará ás 12 da noite (24,00 h) do día 23 de abril, día do libro.
- O gañador darase a coñecer o martes día 26 de abril.
- O PREMIO consistirá nun vale por 100 euros a gastar en LIBROS do noso establecemento e entregarase o venres 29 de abril en EIXO, sendo imprescindible a asistencia do galardonado para recibir o premio.
- O xurado estará composto por Isaac Pedrouzo (escritor), Anxo F. Couceiro (periodista e conductor do podcast literario ‘Mala letra’) e un representante da Librería Eixo, e otorgará o premio atendendo aos criterios de orixinalidade, creatividade, calidade literaria e adecuación á temática do concurso.
- O persoa gañadora manterá os dereitos de autoría do microrrelato, aínda que cede os dereitos para que a organización poida facer uso no marco da actividade divulgativa da librería, sempre sen fins comerciais. Os traballos non premiados destruiranse, non sendo utilizados para fin algún.
- A participación no concurso supón a total aceptación das presentes bases.